domingo, mayo 17, 2009

Nunha pinga...

... hola de novo... Voltei nun día cheo de auga... Regresei dentro dunha pinga desta choiva... que hoxe non me parece desagradable... Necesitaba que un lóstrego rompera o meu ceo... para caer ao vacío e desprenderme do peso... e así... darme de conta de que a vida sigue... a pesar dos pesares... Hola de novo... a TODOS...!!!

jueves, mayo 14, 2009

As túas fotos...

...unha imaxe vale mais que mil palabras... as palabras levaas o vento, e unha imaxe queda retida na retina de por vida... si queres deixarme unha imaxe túa, que desexes compartir... déixama... só tes que pinchar en "sign this guesbook" e buscar a túa foto... graciñas...!

lunes, abril 28, 2008

Parece, pero non é...

...nada é o que parece... ou eso creo...?... Asomeime á ponte pa mirar o rio... e de súpeto vín unhas rochas sinuosamente molladas pola auga... xunto co reflexo do ceo azul e as nubes... Cada un que saque as suas propias conclusions... sobre o que é ou parece ser...

jueves, febrero 07, 2008

Abre-Fácil...

... así debería de ser a pechadura da miña casa... porque sempre me esquezo da chave... e desta maneira... tan só tería que tirar da anilla pa abrir a porta... O problema sería que podería entrar calquera... Teño serias dúbidas de que este sexa un bo invento ¿?...

domingo, enero 13, 2008

Kamasutra... ¿?


... fai un par de días que me atopei con esta escea enrriba da mesa... o tenedor enrriba da culler... un pensamento colouse na miña mente... sorprendentemente... quizais deba acudir a un especialista en utensilios de cociña e menaxe... e que me guíe... ao mellor non estou tan mal encamiñado... e estes dous estaban facendo das suas...

*PINCHA AQUÍ SI NON ME CREES...

martes, diciembre 18, 2007

Coidado coas burbullas...

miércoles, diciembre 12, 2007

O Home Lobo...

Nun pequeño pobo agochado na ladeira dunha montaña, habitaban uns cen veciños. Todos se coñecían perfectamente. Eran como unha gran familia... pero como en toda boa familia, había unha ovella negra. Ese era Xosé.
Vivía só, nunha casa media derruida sita no maís alto do pobo. Ninguen tiña un trato cercano con él, pero todos coincidían en resaltar o seu mal xenio e as súas rarezas. Tíñanlle verdadeiro respeto. De día nunca se lle vía o pelo. Sempre saía da casa de noite pecha. Decían que baixo a luz das estrelas guiaba o seu gando e labraba a súas parcelas. A xente procuraba non toparse con él a esas horas, porque alguns dicían habelo visto percorrendo os montes nas noites de lúa chea. De ahí o se apodo, “O Home Lobo”.
Un día, sin dudalo, canso de escoitar tanta historia sin sentido, decidín facer a miñas propias pesquisas. Por iso, esperei a que a lúa enchera totalmente para vixilalo.
Por fin chegou aquel día. Arrededor da medianoite, saín da miña casa rumbo á de Xosé. Nada maís chegar, vin como saía, e sin máis, votaba a correr cara ó monte. Asustado, fun detrás dél a unha certa distancia. Aquel camiño estreitábase a cada zancada, ata que de súpeto, topei cun claro do monte. Xusto no centro, estaba Xosé. Sentado. Mirando fixamente para a lúa. Tan hipnotizado, que non se había decatado da miña presenza. Entón agocheime de xeonllos tralas árbores. Él parecía unha estatua de escaiola, ata que un sangrante berro saiu da súa gorxa.
Entón, deixou de mirar po astro, e comezou a incorporarse. Sin darme tempo a maís, púxose a andar cara mín. Era inevitable que me atopara, temendo pola súa reacción, pero simplemente se decantou por perguntarme que facía tirado no chan. Así comezamos a falar...
“Xosé, con vinte anos namorara dunha rapariga da súa idade. Pero as familias non permitían aquela relación. A pesares da prohibición, eles seguían a verse as agochadas, ata que os pais de Sabela decidiron enviala lonxe, xunto duns familiares. Antes de separarse, Xosé e Sabela víronse unha última noite. Entrelazando as suas mans, prometeronse que, as doce da medianoite de cada noite de lúa chea, estiveran donde estiveran, cada un, buscaría a lúa, para atoparense nela. O astro prateado sería o punto de unión do seu amor, donde as súas almas se xuntarían. E así, rematar coa distancia e coa soidade, mentres soñaban con volverse a ver…”
Pero os anos pasaron, e Xosé rondaba xa os setenta anos. Nunca soubo máis dela, tan só lle quedaba esperar a que ela volvera. E mentres esperaba, él seguía quedando coa lúa chea. Seguía quedando con Sabela. Seguía namorado. Seguía esperando por ela.

sábado, noviembre 24, 2007

Nooon...

martes, noviembre 06, 2007

O Meme das 8 Cousas...

[ SETE intrigas + UNHA sorpresa ]
.
Tras moito pensar, decidín escribir 8 micro-relatos independentes uns dos outros, pero interrelacionados co seu correspondente número, espero que vos gusten...

1.- Ata entón, él estaba mais unha. Pero un luns do mes de Xaneiro, coñeceu a Soledad. Deixou de lado o resto do mundo. Sómente pensaba nela. Foi a primeira e única vez que se sentiu así. Encaixaban perfectamente un no outro, tanto... que parecía que estaban unidos por un corazón, que latía ó unísono. Ela aloxouse nél... tan dentro, que un día deixou de sentila. Sólo sentía que, de novo, volvía a estar ...

2.- Eran as duas da tarde. Segundo estaba no desván cando escoitou os berros da sua parella. En poucos segundos estaban no hospital. Púxose de parto. Un par de horas despois, tiveron xemelgos, neno e nena. Pasaron vintedous anos, e a conexión de sentimientos que tiñan ambos xa non lles sorprendía. Si un sufría (ou estaba ledo)... o outro sentiao dobremente. Xamaís se separaron, ata que ela se casou. Dous días despois morreron... de pena...

3.- “Á terceira vai a vencida”... pensado nesta frase entrou no coche. Resistíaselle o carnet de conducir, e esta vez estaba o triple de nerviosa. Púxose o cinto e arrancou. Tras meter a terceira... e sin esperalo... viu unha sinal triangular. Os nervios non lle permitiron lembrar o seu significado. CRASH!!! Un coche impactoulles pola esquerda. Estivo en coma trinta e tres días. Xamaís se recuperou, e só era capaz de balbucear... “Ceda o Paso”...

4.- O médico diagnosticoulle sonambulismo crónico. Era a cuarta vez que durmido, se levantaba e saía da casa. Non se lembraba de nada. O que sabía era polos seus pais, que as veces o seguían con sixilo, xa que lles prohibían despertarlo. Pero un día, as catro da madrugada, viron como o seu fillo saía de novo do seu cuarto. Foron tras del, e sin querer, tiraron o cadro do pasillo. Sin mais, abriu os ollos... Dende entón, quedouse atrapado nos seus sonos (ou pesadelos)...

5.- Era Venres e tiña que ir ao tanatorio. Non lle gustaba, pero morrera o seu mellor amigo, Francis. Só estuvo cinco minutos xunto ao féretro. Frente a él, chorou e lembrou que el tamén ia no Renault Cinco que se estrellou sin saber porqué. Ainda tiña o seu mobil, dende o que chamara ao 112. Destrozado pola dor, colocoullo no bolsillo da sua camisa, e fuxiu lonxe. Cinco horas despois do enterro, recibiu un s.m.s de Francis... “sácame de aquí, ostia”...

6.- No mp3 podiase leer, Track 6 “disarm”... e mentres paseaba, tarareaba aquela canción. Ao compás dos seus pasos, movía a sua cabeza. Cada día camiñaba seis kilómetros. Camiñaba porqué todos lle decían que estaba gorda... Un día de Xuño, saiu da casa as seis da tarde, e comenzou a andar. Anduvo. Paseu a paso apurado. Camiñou por donde non caminñara, e fixo camiño. Esta vez deixou de contar os seus pasos. Nunca se soupo nada mais dela. Non deixou pegada...

7.- Sete do Sete do Dous Mil Sete... Feliz Cumpreaños Avó, dibuxábase na tarta de chocolate. “Setenta e sete anos, e como un rapaz”... dicía a xente que estaba naquela celebración. Non os aparentaba, pero estaba recién recuperado dunna séptima intervención no corazón.... Ainda que él dí que xa non ten, que llo levou a sua amada o día que morreu... fai sete inviernos... Pero ainda así, cada invierno o meu avó sufre un novo ataque... porque lle falta o (seu) amor...

8.- Estábamos no bar “Octavo Pecado Capital”, xogando ao billar. Era o meu turno... Unha rapaza na barra mirabame. Uf! Estaba boísima. Agarrei o pau con seguridade e coloquei a bola. Inclinei o meu corpo e pechei o meu ollo dereitoo para afinar a miña puntería. Crash...! Desfixen o triangulo de bolas de cores... Dispois, acerqueime ata donda rapaza... e a noite puxose a tiro... e mentres xogábamos, atopei agachada... a bola Negra 8... ainda que mais ben... parecía un Alien, o octavo pasaxeiro...
----------------------------------------------------------------------------------
Feito o encargo de SILVANA... Agora tócame de elixir a 8 colegillas que desexen seguir o Meme... Tras moito meditar... estes son (felicidades jejeje):
*AGATA
*ANDRÉS RGUEZ
*ANGIE
*ENREDADERA
*FABY
*LUCEZILLA
*MAR
*SUSI
... só tendes que...:
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o Meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron invitados a xogar, facendo referencia ao propio post "O meme das 8 cousas".

domingo, octubre 21, 2007

Expediente X... (sen photoshop)

... estaba na casa da miña avoa... a luz entraba por un oco da chimenea... de súpeto uns trapos que estaban preto dos fornillos comenzaron a arder... a fumareda cubriuno todo, o ambiente era irrespirable... gustoume o efecto que facía o fume e a luz que se filtraba na cociña... saquei esta foto... gustaríame que me dixeras... que é o que ves ???... eu quedeime moi sorprendido e un chisco acojonado...

jueves, octubre 11, 2007

Un asasino chamado Plasma...

... aquí as tendes... soas... arrinconadas... a veira dun contenedor de basura. Esperando a súa morte. Outra crónica dunha morte anunciada. Adeus ao tubo catódico. Benvida á pantalla plana...

viernes, octubre 05, 2007

Quero...té...

QUERO...TÉ...

Coñecémonos por internet, e decidimos vernos nun bar da súa lonxana cidade.
Ela era fermosa, e fascinoume cando lle susurrou ao camareiro:

-Quero...té... Un té...

Nervioso, pedín o mesmo.
Aquel breve encontro rematou cun ata logo, rozándonos os beizos.
A distancia ferianos de morte, pero seguimos amándonos, aínda que fríamente, por teléfono e internet. Pero o que me enlouquecía, eran as súas cartas perfumadas cunha bolsiña de té, que se dentro do sobre se aloxaba.
Entre sorbos desa infusión, saboreaba as súas cartas, ata que un día ela esqueceume.

Hoxe, cando bebo té, aínda a bico.

Liñas...

...¿sabes ler as liñas da palma da man?... necesito que me digas que din as liñas, as letras, os párrafos... que se dibuxan na miña... eso sí... si a premonición non é boa... mellor non digas nada... graciñas...

Perdón...

...quería pedirlle perdón, de corazón... cunha carta manuscrita... pero os latexos golpeabanme por dentro... tambaleando o meu pulso... derramando e desangrando a tinta... sobre unha folla en branco na que xamais conseguín escribir nada... Perdón !...

Ao revés...

...unha cousa si que teño clara... o mundo está ao revés... a cousa non pinta ben... e non é necesario mirar o reflexo no rio pra darse de conta...

Meu mundo...

...este é o meu pequeno planeta... redonde, como dixo Galileo Galilei... suspendido nun universo branco... Xira de ledicia e a veces, chora mares...

Ceo en chamas...

...dín que ao ceo irán os bos... vendo este atardecer, pregúntome... ¿onde se atopa realmente o inferno?... a pesar das dúbidas... tampouco da moito medo...

Montes de ceo...

...algún día voaremos ata o ceo... e alí tamén habrá montes de nubes e de luz...

Extra-largo...

...conta as voltas que podes dar nesta vida... e procura non marearte...